
Colaboración fam-trip misión Girona-Fegatur Outubro 2022

En outubro de 2022, a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) organizaron conxuntamente un viaxe de familiarización en Galicia orientado a distintos segmentos de profesionais do sector turístico (periodistas, axentes de viaxes...), procedenres do resto da Península.
Unha das paradas foi o destino Ribeira Sacra, onde o selecto grupo de profesionais puideron descubrir durante varias xornadas o patrimonio cultural, natural e enogastronómico do noso xeodestino.
A colaboración neste fam-trip consistiu en cubrir os custes do aloxamento en Riebeira Sacra e obsequios de artesanía típica da rexión para os participantes na viaxe.
Data realización: outubro 2022
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 5 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.