Turismo ornitolóxico nas ribeiras do Miño

AVES, VIDES, CASTIÑEIROS E MADROÑOS

A metade do río Miño transita por uns espazos pouco coñecidos que ofrecen non obstante un grande interese paisaxístico, natural e etnográfico. As augas baixan hoxe detidas por diversos encoros, mais as ladeiras deste gran val acollen extensos e recónditos bosques que conviven en harmonía con viñedos —os grandes protagonistas— e pequenas aldeas.

Que aves podemos observar?

Os bosques pouco accesibles das ladeiras do gran val son lugares ideais para a nidificación de aves rapaces como as aguias calzada e cobreira e o azor, aínda que o millafre negro é a máis abundante en primavera. As penedías acollen boas poboacións de aves rupícolas como o falcón peregrino ou a andoriña dos penedos. O clima cálido da zona propicia a presenza de especies como o rousinol ou a andoriña dáurica. Os encoros acollen algunhas aves acuáticas como a garza real, o corvo mariño grande ou o mergullón cristado.

Cando e onde as podemos ver?

Baixo o paraugas da marca Galicia Birding, a Axencia de Turismo de Galicia proponnos as mellores rutas para o avistamento destas aves. Ata tres itinerarios para realizar a pé, en bicileta ou en coche, onde poder deleitarse con fermosas especies sobrevoando o Miño.

Podes obter máis información aquí.

¡No te lo pierdas!

Podes aproveitar a completar con visitas a igrexas románicas, adegas,... Son moitas as oportunidades que esconden as ribeiras do Miño.