Banco de imaxes e pexas audiovisuais xeodestino Ribeira Sacra

Acción

Contratación do servizo de gravación e edición de pezas audiovisuais do xeodestino Ribeira Sacra para a creación dun banco de imaxes.

Ampliado o xeodestino e aprobado polo Consello Reitor a incorporación dos concellos da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, O Pereiro de Aguiar e San Xoán de Río ao Consorcio, iniciase actualización de todos os soportes de información e comunicación, para os que é imprescindible contar con imaxes de calidade profesional en resolución óptima para a actualización de soportes e creación doutros novos.

Tamén é preciso dar a coñecer os recursos que se incorporan a través de medios audiovisuais co fin de presentalos en redes sociais e noutras canles habituais de comunicación do Consorcio de Turismo.

Definidos os contidos mínimos, precisamos xerar un arquivo audiovisual do novo xeodestino apto para os diferentes usos de comunicación que se xestionan dende o Consorcio de Turismo


Data realización: en execución

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo,  Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

 


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar