Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Centro do Viño Ribeira Sacra

Museos e exposicións

Situado nun edificio histórico do século XVIII e que anteriormente foi hospital, casino e incluso Concello.

Distribúese en diversas salas en torno a un patio central, que amosan unha exposición interactiva deseñada para lograr que o visitante comprenda as peculiaridades dos viños e o cultivo de viñedos en Ribeira Sacra.

O Centro tamén actúa como oficina de turismo da comarca e ten anexa unha viñoteca cunha gran selección de viños D.O. Ribeira Sacra así como todo o necesario para gozalos. Ademais complementase cunha tapería na que degustar os viños acompañados de gastronomía da zona.

 Actualmente acolle tamén a sede do consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. 

Centro do Viño Ribeira Sacra

Información e contacto

Enderezo

Rúa do Comercio, 6

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Teléfono contacto
641983195/982404715
Horario
ACTUALIZADO XULLO 2025
--
VISITAS GUIADAS Ata 30/08: Luns, Martes, Xoves, Venres, Sábado e Domingo: 11:15 (1 vino 3€), 12:30 (3 vinos 7,5€), 18:00 (1 vino 3€) e 19:00 (3 vinos 7,5€).
Mércores: 12:30 (3 vinos 7,5€) e 19:00 (3 vinos 7,5€).
Prezo
Normal: 3€ De 6 a 16 anos : 1,5€ Menores de 6 anos: gratuita Grupos de máis de 15 persoas: 2,5€/persoa
Cómo chegar Cómo chegar