Creación ruta sendeirismo Xan Arteiro - Pantón

Deseño, preparación, sinalización e homologación da ruta de sendeirismo Xan Arteiro, circular, con inicio e fin en Ferreira de Pantón.
A ruta partirá dende o Mosteiro Cisterciense de San Salvador de Ferreira, percorrendo varias parroquias do concello, zonas de bosque, regatos, e pasando polo balneario e o manancial de Augas Santas.
Amplíase así a oferta turística dende a capital do concello comunicando por sendas recursos destacados xunto a infraestruturas como o campo de golf e a zona termal. Trátase dun formato de ruta que xa se promoveu en Montederramo, tamén no marco do Plan de Sostibilidade, e que seguiremos a impulsar como modelo de xestión sostible.
Data realización: en execución
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.