Galería
Galería

PR-G 249 Camiño Vello de Aldosende

Sendeirismo

Este sendeiro lineal de 11,30 quilómetros leva aos camiñantes dende Santiago de Aldosende ata Santa Marta e o miradoiro de Cabo de Vila.


O sendeiro percorre o camiño que se acondicionou na década dos 60 do pasado século ao anegar as augas do encoro de Belesar os camiños que comunicaban Santiago de Aldosende coa vila de Portomarín.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
11,08 km
Tempo da ruta
3 h 20 min
Itinerario da ruta
Lineal
Comezo
Santiago de Aldosende, Paradela
Chegada
Miradoiro de Cabo de Vila, Paradela
Dificultade
Media
Desnivel
Subida: 414 m
Baixada: 525 m
M.I.D.E. 2 2 2 3

Iniciando o sendeiro en Aldosende, o camiño cruza a aldea de Touro, para descender cara ao val do río Miño. Antes de chegar a ribeira do Miño o sendeiro percorre o canón do Rego da Trapa. Neste tramo o camiño foi escavado na pedra e existe un desnivel moi importante cun risco de caídas elevado. Tamén se atopan varios tramos de escaleiras en pedra colocadas cando se construíu o camiño orixinal.

O sendeiro cruza o rego da Trapa por unha pontella de formigón e inicia o percorrido pola beira do Miño nun tramo sinxelo e sen pendente no que hai en todo momento moi boas vistas sobre o río.

Este tramo remata ao chegar ata o complexo de San Facundo de Ribas de Miño, formado polo templo parroquial e unha casa reitoral anexa. O conxunto foi declarado monumento de interese nacional e recibiu o primeiro premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como o mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma.

O sendeiro continúa por un camiño de carro con muros as beiras, entre viñedos e leiras ata chegar o lugar da Adega dos Penedos. Neste lugar atópanse varias construcións en ruínas e algunhas mostras da etnografía da zona: pías na pedra, eiras, restos dun carro de eixo e dun tear, etc. Atópase ademais nun promontorio sobre o río Miño o que permite unhas boas vistas do entorno.

O tramo final percorre unha carballeira ata chegar a aldea de Santa Marta, onde poderemos visitar a capela e continuar ata o miradoiro de Cabo de Vila onde remata o sendeiro.

 

PR-249 CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE

Ver máis...

Equipamento e servizos

Roteiro sinalizado