Creación roteiro de benestar en Taboada

O turismo de saúde e benestar, en contacto coa natureza, é unha das tipoloxías máis interesantes para desenvolver en Ribeira Sacra, e de feito xa se teñen organizado distintas actividades como baños de bosque ou mindfulness.
Esta ruta busca ser un paseo pola natureza e polos sentidos, coñecendo a paisaxe, pero tamén a un mesmo, converténdose nun percorrido autoguiado que nos permita alonxarnos do estrés, do tráfico ou as aglomeracións, aumentando a sensación de benestar.
Data realización: novembro 2024
Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 4 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.