Miradoiro do Alto do Coto da Serra de Penas (Bóveda)

Colaboración co concello de Bóveda na creación dun novo punto de interese turístico no Alto do Coto.
A intervención con cargo ao Plan consistiu na subministración e colocación de elementos de madeira que permiten o acceso ao miradoiro e outros que ocultan e embelecen a estrutura de formigón que soporta o peso do mesmo.
Data realización: xuño 2022
Esta acción enmárcase dentro de a Liña de Actuación 2 do Plan de Sostibilidade Turística Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.