
Galería
Miradoiro Alto do Coto

Situado na Serra de Penas, a 650 metros de altitude levántase esta estrutura de 10 metros de altura que nos ofrece vistas panorámicas sobre unha gran extensión de terreo.
A localización privilexiada deste punto permite observar, se o día está despexado, lugares como as montañas do Incio, O Courel, a capital de Ribeira Sacra e todo o val de Lemos ou ou os contrafortes montañosos que pechan o lado sur do canón do Sil.
Non o perdas!
800 metros antes de chegar atoparaste co miradoiro de Serra de Penas, un lugar no que tamén merece a pena deterse.
Miradoiro Alto do Coto
Accesibilidade

