Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Serra de Penas

Miradoiros

A vista está enmarcada ao leste cos cumios da serra do Courel, ao nordeste pola serra de Abaixo e ao norte polos montes de Vilarbuxán.

 

Este miradoiro atópase a 610 metros de altitude. Desde aquí hai unha boa vista dirección nordeste sobre as terras máis baixas das parroquias de Mosteiro, Freituxe, Tuimil, Rubián e Teilán.

A paisaxe é un mosaico de terras de labranza, pastos e bosques de ribeira autóctonos con bidueiros, ameneiros e salgueiros, que adornan os cursos de auga como o río de Teilán o regato de Penacoba, o río Viloria ou o río Mao, o de maior entidade do concello.

Non o perdas!

Moi preto, poderás visitar o singular miradoiro Alto do Coto, cuxa estrutura é comparada habitualmente cunha catapulta.

Miradoiro de Serra das Penas

Información e contacto

Enderezo

Bóveda

Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar