Galería
Galería

18º Outono Gastronómico en Turismo Rural (2024)

Do 15 de setembro ao 17 de decembro, 9 casas de turismo rural de Ribeira Sacra vestiranse de outono con menús e experiencias deseñadas para a ocasión.

Ribeira Sacra, 6 de setembro de 2024

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, as casas participantes no Outono Gastronómico ofrecerán distintos menús elaborados especialmente para a ocasión. Como é habitual, ademais do Menú Outono Gastronómico, tamén terás a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico - que inclúe unha noite de aloxamento na casa de turismo rural elixida -, ou gozar da oferta completa coa Fin de semana Outono Gastronómico. E se queres compartir coa familia a fin de semana, podes apuntarte á oferta “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nenos/as)

Tamén se mantén o Outono Plus, un programa de actividades complementarias nalgúns dos establecementos participantes na promoción, como paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais... 


Bases, condicións e máis información na seguinte ligazón: https://www.turismo.gal/outono-gastronomico · Folleto Outono Gastronómico: https://www.turismo.gal/folleto.pdf

Abaixo, deixámosche as 9 casas participantes de Ribeira Sacra nesta 18 Edición do Outono Gastronómico en Galicia. Poderás consultar en imaxes os Menús Gastronómicos e as Actividades propostas por cada unha delas. 

 

* (Ofertas válidas só en venres, sábados e domingos, agás as fins de semana do 1 ao 3 de novembro e do 6 ao 8 de decembro).
   Promoción patrocinada por Turismo de Galicia. 

MENÚS GASTRONÓMICOS 2024

Ver máis...

Actividades Outono Plus 2024