Rectoral de Castillón
Reitoral de Castillón é unha magnífica construción, entre soutos e bosques caducifolios, anterior ao século XVIII.
Foi restaurada respectando a arquitectura tradicional galega. Ten galería, balconadas e tramos asoportalados que descansan sobre columnas de granito. A casa está nos arredores do núcleo urbano, con acceso asfaltado, conta cunha leira de 14.000m2 dentro do recinto amurallado, que acolle xardíns, pombal, fontes, estanque, adega e horta.
Salón con cheminea, colección de xogos de mesa, biblioteca, lareira, sala de reunións, xardíns, estanque, e adega.
También dispoñemos de servizo de restaurante con dous comedores, un con capacidade para 50 persoas e ourtro con capacidade para 20 persoas, ademais de terraza exterior. A nosa cociña está baseada en productos da zona e de temporada, como; a tenreira, o polvo, o bacallau, a empanada de elaboración caseira e os productos da nosa horta, todo iso acompañado dos precidados viños da D.O. Ribeira Sacra. Tratamos de manter unha cociña tradicional ainda que sempre intentamos dar un toque persoal. Tamén facemos banquetes.
Enlace ao Restaurante
rectoral de castillón
Categoría
Información e contacto
Castillón, 37 - Santiago de Castillón
Pantón
27438 Lugo