Iberik Casa Vilamor
Nas vellas paisaxes da ribeira do río Miño, augas arriba do punto de encontro coas augas do río Sil, en plena Ribeira Sacra, atópase Casa Vilamor, un caserón cuxa historia documental remóntase ao século XVIII, e hoxe é dedicado ao turismo rural.
Casa Vilamor é un típico caserío galego de labranza do século XVIII, que ao longo da súa historia tivo como dedicación principal a agricultura e a gandería; a finais da década dos cincuenta albergou no seu interior a escola do pobo e a vivenda do profesorado.
Consta de dúas plantas: na planta baixa, sitúase un enorme patio interior, a través do cal se accede a todas as dependencias da casa, nesta planta tamén situaremos o comedor dotado de cheminea e a recepción, ademais duns aseos.
Xa na primeira planta sitúanse as habitacións da casa, todas elas con baño, calefacción e auga quente central, tamén teremos nesta planta un enorme salón con cheminea e unha ampla galería.
Programa NON SEN TI para mascotas
Iberik Casa Vilamor ofrece apartamentos turísticos adaptados para mascotas, donde poderá aloxarse co seu can de máximo 5 kg. de peso. Ademais, proporcionaranlle un KIT de mascotas que consta de:
- Comedoiro
- Bebedoiro
- Un xoguete para Mascota: (a estrear sempre e sen son)
Á súa chegada informaráselle dos termos e condicións deste servizo pet friendly de Iberik Casa Vilamor.
Iberik Casa Vilamor
Categoría
Información e contacto
Vilamor, 156
O Saviñao
27350 Lugo