Ruta do Ouro e do Aceite
Nesta ruta poderás visitar un túnel romano escavado na roca para a extracción do ouro. Tamén poderás admirar como perduran as tradicións no muíño de Bendilló.
Partimos desde Quiroga pola N-120 entre A Rua e Monforte, para saír a Montefurado (primeiro o túnel, a continuación o pobo, onde estan as Medulas), onde visitaremos as antigas minas de ouro romanas, cuxos restos mais evidentes atopanse a ambos os dous lados o rio Sil.
Continuar cara a Bendillo, onde se pode visitar o muiño tradicional para elaborar aceite; seguiremos a Sequeiros, Bendollo, Quiroga, Alto de Aldriz. Médulas de Margaride e Ponte romana de Barxa de Lor. Chegada a Ribas de Sil (Figueiredo, Peites e Pineira). Visita, de especial interese, a mina do Covallon.
Este túnel situado en Pena do Corvo, non é un elemento natural, senón que no século II e por orde do emperador Trajano, os romanos furaron a montaña para aproveitar o ouro que traía o río Sil.
Antigo muíño de aceite que segue producindo de forma artesanal. Foi estaurado polo Concello de Quiroga no ano 1993.
O elemento principal é unha ponte de orixe romana. Aínda que hoxe en día esta ponte é peonil, na antigüidade foi vía de acceso dos casteláns que chegaban desde León a Galicia. Aínda se poden ver restos da calzada medieval, dado que pasa por aquí un antigo camiño real.
A abadía fundouse hai máis de mil anos. No século XII, dóase aos monxes de San Bieito que se ocuparon do lugar até a desamortización de Mendizábal, momento no que pasa a mans de Don Manuel Batanero. Na actualidade, só se conserva a igrexa, un torreón e a portada de acceso.