Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Conxunto Histórico da Barxa

Conxuntos históricos

O elemento principal é unha ponte de orixe romana. Aínda que hoxe en día esta ponte é peonil, na antigüidade foi vía de acceso dos casteláns que chegaban desde León a Galicia. Aínda se poden ver restos da calzada medieval, dado que pasa por aquí un antigo camiño real.

A ponte sobre o río Lor une os concellos de Quiroga e A Pobra de Brollón. Os seus tres vans teñen formas e dimensións diferentes. No extremo meridional está o arco maior, que é de medio punto e ten unha luz de máis de vinte metros, algo pouco habitual nas pontes antigas do noroeste.

Por el  transcorre o coñecido como Camiño de Inverno, unha das entradas do Camiño de Santiago en Galicia.

Completan o conxunto un antigo muíño sen restaurar e as casas adosadas á ponte.

Conxunto Histórico da Barxa

Información e contacto

Enderezo

A Ponte

A Pobra do Brollón

27331 Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar