Muiño de Aceite de Bendilló
Antigo muíño de aceite que segue producindo de forma artesanal. Foi estaurado polo Concello de Quiroga no ano 1993.
O cultivo da oliveira estivo moi presente en Galicia desde a época dos romanos. Xa os primitivos poboadores comían olivas, aínda que descoñecían os métodos de extracción do aceite. Os romanos son os que introducen os coñecementos destes métodos que son transmitidos por todo o territorio. Galicia converteuse nun dos territorios conquistados do que máis aceite saía cara a Roma nos séculos II e III. Este cultivo pérdese en practicamente todo o territorio na época dos Reis Católicos. Nunha política de favoritismo a outras zonas do seu reino, mandaron arrincar unha gran cantidade de oliveiras e prohibiron o seu cultivo.
No val lucense de Quiroga, séguese cultivando a oliveira e elaborando aceite de maneira tradicional. É coñecido como o “ouro do Sil” pola súa extraordinaria calidade.
En Bendilló consérvase un dos muíños que se utilizan para facer o aceite. Ten unha antigüidade duns 300 anos. É propiedade de Guillermo Nogueira. Está formado por unha pía de moer, que é a pedra circular con canles nas marxes que leva no interior outra roda, a Moema, que vira grazas á forza dun burro ou mula. A oliva vana botando coas mans nunha moega de madeira, da que cae aos poucos e a vaise esmagando. Unha vez convertida en pasta, pásase ao lagar e prénsase para obter o aceite. O óso utilízase como combustible.
Non o perdas!
No mes de maio este muíño retoma a súa actividade para a “Mostra do Aceite de Quiroga”, Festa de Interese Turístico de Galicia. Inclúe charlas, música e gastronomía, así como unha celebración relixiosa na veciña capela das Farrapas.
Muiño de Aceite de Bendilló
Información e contacto
Bendilló, 13
Bendilló
27329 Lugo