

Igrexa e abadía de San Clodio

A abadía fundouse hai máis de mil anos. No século XII, dóase aos monxes de San Bieito que se ocuparon do lugar até a desamortización de Mendizábal, momento no que pasa a mans de Don Manuel Batanero. Na actualidade, só se conserva a igrexa, un torreón e a portada de acceso.
A igrexa constrúese na primeira metade do século XII, aínda que só conserva a ábsida semicircular, realizada en perpiaño ennegrecido, e a porta norte, que ten arco de medio punto. O resto foi modificado. A nave está aumentada lonxitudinalmente respecto das súas proporcións orixinais. A decoración das ventás exteriores e os fragmentos de columnas realizáronse en pedra calcaria que contrasta coa lousa do país.
A ábsida está dividida en tramos mediante pilastras de sección poligonal e en tres corpos. En cada un dos tramos pódese ver unha ventá alintelada e abucinada, cunha arquivolta de axadrezado. A cornixa descansa sobre canzorros, case todos lisos excepto dous. Un está decorado con rombos e o outro coa cabeza dun carneiro.
A portada que daba acceso á abadía é renacentista do século XVI. Está coroada polo escudo real. Tamén conserva unha inscrición da restauración en 1604 sendo abade Alfonso Solís.
Os restos da torre, pegada á ábsida, formaron parte da antiga abadía, destruída polo paso do tempo e polo asalto e queima durante o asalto das tropas francesas. Conta a lenda que con motivo do asalto foi asasinado un capitán francés en mans dun bandoleiro nacionalista. Como vinganza, os franceses queimaron e destruíron o pobo de Peites, a igrexa e a abadía de San Clodio.
Non o perdas!
Recomendámosvos visitar a poboación próxima de Quiroga, onde se atopa un interesante museo xeolóxico e un moi didáctico museo etnográfico. Ademais poderedes visitar tamén a pouca distancia o Castelo dos Novais.
Igrexa e abadía de San Clodio
Información e contacto

Ctra. de San Pedro - San Clodio
Ribas de Sil
27310 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

