Feira do viño de Quiroga
É unha das máis antigas da Ribeira Sacra, xunto coas de Amandi (Sober) e Chantada.
Esta celebración comezou a súa andaina no ano 1980, despois de que na localidade celebráronse na década anterior diferentes catas, sentando así as bases da primeira Feira do Viño de Quiroga.
A primeira edición foi todo un éxito e mesmo contou cun pregoeiro de recoñecido prestixio, o poeta Uxío Novoneyra, quen pronunciou unha frase que quedaría na memoria dos quiroguenses para sempre: Quiroga é un viño, aludindo á forma de acio que ten o municipio e á importancia do viño para a comarca.
A subzona á que pertence Quiroga, Quiroga-Bibei, é a que conta con maior superficie cultivada de viñedo da D.O. Ribeira Sacra, concentrándose aquí o 50% da produción vinícola da Denominación de Orixe.
Data: sábado e domingo de Pascua