Feira do viño e da cereixa de Belesar
Belesar, ao pé do Miño e, dacabalo entre os concellos de Chantada e O Saviñao, congrega cada ano entre finais de maio e principios de xuño a centos de persoas que acoden a degustar as afamadas cereixas da zona.
Xunto coa uva, as cereixas son un dos froitos máis apreciados pola xente do lugar. A súa fama precédeas en toda a Comunidade Autonóma e no resto de España; é tan importante o seu cultivo que se estima que hai máis de 6.000 cerdeiras soamente en Chantada (Colectivo Cereixo de Galicia - Cocega, 2016). As condicións climatolóxicas na área de Belesar son tan propicias que a árbore consegue superar os 40 anos de antigüidade, sendo o habitual uns 20.
Ademais da venda de cereixas, o programa da feira adoita incluír actividades complementarías como a música en directo, postos de comida ou o seu clásico certame de aturuxos, onde os veciños de ambas as beiras do Miño compiten ao berro de "Ei, papeiros!, Ei, rabudos!" (Coñece a lenda aquí).
Data: entre finais de maio e principios de xuño