Papeiros e Rabudos (Lenda)

Lendas e seres mitolóxicos

Desde hai séculos, no comezo e fInal das vendimas escoitábase un berro de beira a beira da propia ribeira.

As terras de Chantada, Taboada, Carballedo lanzaban un “Ei  rabudoooos!”, recibindo en resposta “Ei papeiroooos!”, desde Pantón e O Saviñao como maneira de diálogo festivo que bebería, segundo nos contan, nas raíces xudías da zona; de Rabino a Rabudo nas terras de Lemos, e de Papa a Papeiro nas de infuenza católica. 

Aínda que, nós estamos convencidos de que rabudos e papeiros son trasgos voadores que levan en saquiños a fala dos humanos para pousala entre os viñedos e que lle conten contos a os acios para que cando bebemos un viño bebamos tamén unha historia; en Ribeira Sacra vendimamos tamén contos e lendas...

 

Texto de Anxo Moure
 

Cómo chegar Cómo chegar