Galería
Galería

Feira do Viño de Vilachá

Festas

Se algo distingue á "Feira do Viño de Vilachá" do resto de feiras do viño de Ribeira Sacra é o seu formato e o marco incomparable onde se celebra, as centenarias Adegas de Vilachá.

Outra das particularidades desta celebración é o carácter familiar que adquire, sendo os propios colleiteiros e as pequenas adegas da zona as que ofrecen a degustar os caldos que elaboran. 

Durante a primeira ou segunda fin de semana de maio, veciños da Pobra do Brollón e visitantes festexan en Vilachá (única ribeira ao Sil do concello) ao ritmo de numerosos grupos folclóricos, charangas e acompañados da mellor gastronomía. 

Nas últimas edicións da Feira do Viño incorporáronse novidades como a votación popular, a votación do xurado profesional, actividades complementarias ás degustacións de viño ou a presenza doutras adegas de Ribeira Sacra que posúen viñas nas ribeiras de Vilachá. 


Data: principios de maio

Feira do Viño de Vilachá (A Pobra do Brollón)

Información e contacto

Enderezo

Adegas de Vilachá

A Pobra do Brollón

27413 Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar