Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Adegas de Vilachá

Conxuntos históricos

O topónimo Vilachá fai alusión a unha antiga aldea elevada sobre un terreo chairo. Trátase da antiga vila plana de San Mamede que se cita en documentos medievais. Vilachá está situada na ladeira da serra de Augalevada. É a única parroquia do concello lindeira co Sil.

Tivo e ten gran importancia o cultivo do viñedo e desde o punto de vista etnográfico posúe un conxunto relevante relacionado con este cultivo que son as súas adegas. Son moi antigas. Teñen os  muros de mampostería e están cubertas a dúas augas cun tellado de laxa de lousa. Hai corenta e dúas adegas, pero a maioría son de particulares.

Nas adegas aínda queda unha fonte que lle chaman a dos frades. Non é coincidencia que en Vilachá se celebre o san Mamede como na serra de Montederramo. A ribeira foi elixida polos monxes para o cultivo da vide polo seu microclima. Disque na baixada ao río Sil existiu un cenobio que se formou ao unirse os ermitáns que poboaban a ribeira ata que se incorporou a Montederramo.

As adegas son as grandes protagonistas durante a primeira fin de semana de maio, na que se celebra a cata de viños de Vilachá. Os viñedos desta parroquia están acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Pertencen á subzona de Quiroga-Bibei.

Próximo ao conxunto etnográfico atópase o miradoiro da Capela, ao que se pode chegar camiñando. Outro lugar de interese é a sobreira centenaria da aldea de Santiorxo, cun perímetro de máis de dez metros.

 

Non o perdas!

A Feira do Viño de Vilachá que se celebra o primeiro fin de semana de maio.

Adegas de Vilachá

Información e contacto

Enderezo

Vilachá de Salvadur

A Pobra do Brollón

Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cadeira de rodas
Mobilidade reducida
Cómo chegar Cómo chegar