A Caída da Folla 2025

O outono é maxia en Ribeira Sacra e para que a descubras, preparamos un programa de actividades moi especial: recollida de cogomelos, astroturismo, paseos en BTT, actividades mindfulness, talleres, minería aurífera, visitas nocturnas e ata un curso de orientación en montaña. Do 11 de outubro ao 9 de novembro de 2025. En solitario, en parella, en familia ou con amigos. Valo perder?

Máis información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2025.

SÁBADO, 11 OUTUBRO

 Obradoiro de xabóns terapéuticos (San Xoán de Río).  PRAZAS COMPLETAS. Con aceites esenciais e plantas medicinais crearemos xabóns naturais, ademais de desfrutar dun xantar moi saudable.

Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 14:00 horas / Inclúe monitor taller, materiais necesarios, dossier explicativo e xantar saudable / Punto de encontro: Concello San Xoán de Río.


SÁBADO E DOMINGO, 18 E 19 OUTUBRO

Curso de orientación en montaña (Manzaneda e A Pobra de Trives). Dous días intensivos para aprender a ler o terreo como un mapa aberto, trazar roteiros e manter a calma cando todo parece desorientarte. Non é un curso, é unha inmersión no pensamento estratéxico do guía de montaña, con ferramentas e escenarios reais.

Prezo: 30 € / Horario: sábado de 8:00 a 19:00 horas; domingo de 09:00 a 15:00 horas / Inclúe manuais de orientación, almorzo e xantar sábado / Punto de encontro: Pazo da Pena (Manzaneda)


SÁBADO, 25 OUTUBRO

 Baño de bosque (Parada de Sil). PRAZAS COMPLETAS. Quen máis coñece este tipo de experiencias axudaranos a conectar cos elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia moi positiva á hora de reducir o noso estrés, ansiedade, etc.

Prezo: 6 € / Horario: de 11:30 a 14:00 horas / Inclúe monitor especializo/ Material necesario: roupa de abrigo e adecuada á climatoloxía, esterilla ou similar para sentar no chan, caderno e bolígrafo/lapis. 

Chantada, Destino Starlight (Chantada). PRAZAS COMPLETASBaixo un dos ceos máis limpos de Galicia, iniciarémonos no apaixonante mundo da astronomía. E ademais, nun lugar privilexiado, recentemente certificado como Destino Starlight.

Prezo: 6 € / Horario: de 20:30 a 22:30 horas / Inclúe monitor acreditado Starlight e materiais necesarios para a observación / Punto de encontro: Monte Faro (Chantada)


DOMINGO, 26 DE OUTUBRO

 Cestas e ao bosque! (A Pobra do Brollón). PRAZAS COMPLETASMacrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelas, distinguilas e colleitar as máis saborosas. E, ademais de recollida, haberá menú degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe tentempié a media mañá e xantar; taller de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios / Punto de encontro: Albergue Municipal A Pobra do Brollón


SÁBADO, 1 NOVEMBRO

Minería aurífera no Xeoparque Montañas do Courel (Quiroga e Ribas de Sil). Acompañados dun arqueólogo, coñeceremos o labor dos romanos na extracción de ouro e descubriremos de primeira man un dos xacementos de ouro máis importantes de Galicia, dende unha perspectiva pouco habitual. 

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas / Inclúe traslados en microbús, monitor especializado e picnic / Ruta de 5,5 km - Dificultade baixa / Punto de encontro: CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera, Ribas de Sil). / Punto de encontro: CIMAR (Ribas de Sil)

Sabores con historia (Xunqueira de Espadanedo). PRAZAS COMPLETASVisitaremos o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo de noite, ás escuras, descubrindo o que o día oculta, e pecharemos con cata maridada nas antigas dependencias monacales.

Prezo: 6 € / Horario: de 20:00 a 22:00 horas / Inclúe visita guiada nocturna e cata maridada con degustación de viño D.O. Ribeira Sacra / Punto de encontro: Mosteiro de Santa Mª de Xunqueira de Espadanedo


DOMINGO, 2 NOVEMBRO

Paisaxe sonora (Quiroga). Con esta ruta musicada faremos un percorrido sensorial por viñedos, acompañado pola música de Xavier e os seus instrumentos de raíz relacionados coa cultura do viño. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:30 a 13:00 horas / Inclúe degustación de viño ao final da actividade / Punto de encontro: A Hermida (Quiroga) (os desprazamentos realizaranse en vehículos particulares)


SÁBADO, 8 NOVEMBRO 

Cestas e ao bosque! (O Pereiro de Aguiar). PRAZAS COMPLETAS. Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelas, distinguilas e colleitar as máis saborosas. E, ademais de recollida, haberá menú degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe tentempié a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios / Punto de encontro: Santabaia (O Pereiro de Aguiar) 


DOMINGO, 9 NOVEMBRO 

O Camiño de Inverno en BTT (O Saviñao e Pantón). Sobe, que nos imos! Por camiños empedrados, entre viñas e bancales e con parada nos principais elementos etnográficos ao redor do Camiño de Inverno. E todo iso, en bicicleta, unha forma totalmente diferente de percorrer o Camiño. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 13:00 horas /  Inclúe monitor especializado  / Roteiro de 25 km - Dificultade baixa /  Posibilidade de alugueiro de bicicleta (entre 30 e 66€  - consultar condicións na reserva) / Punto de encontro: Diomondi (O Saviñao)

Obradoiro de máscaras de Entroido (Nogueira de Ramuín). Traémonos o Entroido ao outono! Activa a túa creatividade e dá forma á túa propia máscara inspirada nos entroidos tradicionais de Ribeira Sacra: os Felos de Esgos, o Entroido Ribeirao e o Oso de Salcedo.

Prezo: 6 € / Horario: de 11:00 a 13:00 horas /  Inclúe monitor especializado e materiais necesarios  / Punto de encontro: Armariz (Nogueira de Ramuín)

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 15. A realización das mesmas está garantida a partir dun mínimo de 6 prazas.

Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.

NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2025.

 

MÁIS INFORMACIÓN: turismo.ribeirasacra.org | turismo@ribeirasacra.org | +34 638 823 592 

RESERVAR