

Castelo dos Novais

O castelo construíuse no século XII neste emprazamento estratéxico sobre o Sil. Foi habitado polos Cabaleiros Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, desde onde realizaban os controis administrativos da súa encomenda.
O edificio está sen restaurar e distínguense restos de muros, fosos, defensas, ventás e portas. Ten unha cor avermellada debido á oxidación da pedra coa que está construído.
O palacio é de planta trapezoidal e está datado no século XIII. Sobre a portada pódese ver a cruz de Malta.
A torre foi levantada no século X, posiblemente sobre unha construción anterior. Ten planta cadrada e conserva os seus grosos muros, que denotan o seu carácter defensivo.
Conta a lenda que existía un túnel que comunicaba o castelo coa beira contraria do Sil, pasadizo que usaba a filla do señor de Os Novais para verse con un labrego. O seu pai decatouse dos seus encontros e ordenou tapiar ámbalas dúas entradas mentres eles estaban dentro, quedándose alí encerrados para sempre. Dos rubios cabelos da filla proceden as pebidas de ouro que enchían o Sil, e nas noites de lúa chea aínda hoxe se poden escoitar os suspiros dos namorados.