Ponte de Ferro sobre o Sil
Esta ponte é unha das construcións máis emblemáticas de San Clodio e un dos símbolos do concello de Ribas de Sil.
Rematouse no ano 1883, tras 19 meses de traballos de 53 operarios que seguían o proxecto do enxeñeiro Pelayo Mancebo. Supuxo unha revolución nas comunicacións entre Quiroga e San Clodio, xa que en San Clodio atopábase (e atópase) a estación de ferrocarril.
Cunha lonxitude de 126 metros e 6,40 de ancho sostense sobre dous poderosos piares de pedra, nos que se apoian dous taboleiros metálicos de 18 e 78 metros. A pía esquerda puido realizarse sobre rocha na beira, pero para a dereita foi necesario traballar 10 metros baixo a canle do río, para o que se utilizou unha técnica moi nova para a época: a campá pneumática. O uso deste invento de Eiffel levou a crer que el fora o proxectista da obra.
Puente de Hierro de Ribas de Sil
Información e contacto
Rúa da Liberdade - San Clodio
Ribas de Sil
27310 Lugo