

Túnel de Montefurado

Este túnel situado en Pena do Corvo, non é un elemento natural, senón que no século II e por orde do emperador Trajano, os romanos furaron a montaña para aproveitar o ouro que traía o río Sil.
Na actualidade o túnel ten unha lonxitude duns 52 metros, pero no ano 1934 unha gran riada provocou o derrube da metade do túnel, que orixinalmente tiña uns 120 metros, e éste quedou tapiado e devolveu ao río polo seu antigo canal, anegando terras e cultivos.
O río non volve a circular polo túnel ata 1941 xa que novas riadas e a Guerra Civil Española impediron que se finalizase a reparación, trala cal as terras polas que circulou o río quedáronse como humidais de gran biodiversidade.
Este derrubamento supón que non existan restos na actualidade do castelo que se situaba sobre o túnel, o cal pódese atopar en diversos documentos gráficos e nas historias do lugar.
Outra teoría sobre o aproveitamento aurífero indica que o túnel, debido ao seu deseño, sería unha xigantesca “máquina” de lavado de lodos, para separar o metal precioso.
Toda a contorna de Montefurado, así como outros lugares de Quiroga e Ribas de Sil amosan a importancia que tivo a extracción do ouro na época do Imperio Romano.
Túnel de Montefurado
Información e contacto

Montefurado
Quiroga
27390 Lugo