Camiño de inverno - Etapa Monforte - Chantada
A quinta etapa do Camiño de Inverno iníciase en Monforte e finaliza en Chantada, atravesará o municipio de Pantón percorrendo unha distancia de 31,6 quilómetros. Considérase un tramo de deificultade media, xa que durante 2,5 quilómetros sorteamos un gran desnivel.
Nesta etapa podemos gozar o paisaxes naturais, zonas vitivinícolas e románico ao noso paso. Cando chegamos ao Saviñao, o camiño descende ata chegar á igrexa románica de San Paio de Diomondi, antigo palacio de verán dos bispos de Lugo que agora se converteu en Albergue de Peregrinos- O camiño segue a antiga calzada romana que pasaba polos Cóbados de Belesar, antiga Vía XVIII; cando empecemos a divisar a aldea de Belesar veremos a ponte que cruza o río Miño, unha ponte de merded, recibían xa que se trataba de pontes importantes en roteiros de peregrinación e por tanto cobrábase unha especie de peaxe.
Ao cruzar a ponte, cambiamos de municipio, a Chantada cun forte ascenso, onde podemos visitar San Salvador de Asma.
Ver mapa interactivo