Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Castelo da Peroxa

Castelos

VISITAS GUIADAS con reserva previa: Consultar apartado horarios

O castelo ocupa o lugar dun castro onde se asentaron os primeiros poboadores, sobre o val do regacho Rial, afluente do Miño. No século VIII, a familia Temes ordena a construción dun castelo para defender as súas terras das incursións musulmás.

Durante a Revolta Irmandiña do século XV, outros castelos galegos foron arrasados pero o da Peroxa foi un dos poucos que se salvou. Pouco despois deste suceso,  o castelo pasa aos Condes de Ribadavia, pasando en condado aos Sarmiento e o seu escudo de armas con trece roeis convértese no escudo do concello.

Despois da desamortización do século XIX, albergou as dependencias municipais durante algún tempo ata que no ano 1920 é adquirido o inmoble por un particular, que vendeu a pedra da torre da homenaxe (din que por 3 euros) para a construción da igrexa da Peroxa.

Na actualidade consérvase pouco do que debeu de ser no seu día.  Tiña a planta poligonal reforzada por catro torreóns semicirculares, dous deles na porta de acceso. No centro situábase a Torre da Homenaxe. Pódense ver parte das bases das murallas cos cubos, os cimentos do que foi a torre da homenaxe, un muíño, un alpendre e o alxibe que se atopaba no lado oeste da muralla.

Castelo da Peroxa

Información e contacto

Enderezo

A Peroxa

32150 Ourense

Teléfono contacto
+34 988 20 66 14
Horario
Reservas no 988 20 66 14 ou turismoaperoxa@gmail.com

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cómo chegar Cómo chegar