Galería
Galería

Entroido en Ribeira Sacra

O Entroido Ribeirao, o Oso de Salcedo e os Felos de Esgos son as caras máis coñecidas do Entroido en Ribeira Sacra. Pero temos outras interesantes figuras, algunhas en fase de recuperación e outras máis descoñecidas, e tamén moitos desfiles de comparsas que garantizan a festa durante todo este mes de febreiro! 

Ribeira Sacra, 30 de xaneiro de 2023

O primeiro en abrir o calendario de eventos é o Entroido Ribeirao, que o fará o vindeiro 5 de febreiro. Iremos actualizando a noticia en función das programacións de cada un dos concellos.

OS ENTROIDOS TRADICIONAIS

Entroido Ribeirao

  • 5 febreiro - Domingo Lambedoiro - 16:00 h - Cos entroidos combidados de Fulións Rurais de Viana do Bolo, Oso de Salcedo e Troteiros de Bande. 
  • 12  febreiro - Domingo Corredoiro - 16:00 h
  • 19 febreiro - Domingo de Entroido - 16:00 h
  • 21 febreiro - Martes de Entroido - 16:00 h

Lugar: Santiago de Arriba (Chantada) 


Oso de Salcedo

  • 18 e 19 febreiro - Sábado e Domingo de Entroido - 22:00 h - Funcións de teatro
  • 19 febrero - Domingo de Entroido - 17:00 h - Pregón e disfraces de campo de madamas e danzantes
  • 20 febreiro - Luns de Carnaval - 17:00 h - Saída do Oso

Lugar: Salcedo (A Pobra do Brollón) 


Felos e madamas de Esgos 

  • 19 febreiro - Domingo de Entroido - 9:30 h, saída de Esgos e percorrido por todos os pobos do concello, con regreso ás 17:30 h novamente ao núcleo do municipio.

Lugar: concello de Esgos 


Entroido de Budián 

  • 19 febreiro - Domingo de Entroido - 10:30 h 

Lugar: Campo de Budián (Pantón)


Anxeos de Parada de Sil 

  • 18 febreiro - Sábado de Entroido - 12:30 h

Lugar: Praza do Concello (Parada de Sil) 


Encontro de Entroidos Tradicionais "Irmandade de Entroidos" 

  • 25 febreiro - 16:00 h - Reuniranse os entroidos tradicionais de Felos de Esgos, Mázcara de Manzaneda e Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) e desfilarán polas rúas do pobo. 

Lugar: Local Social de Armariz (Nogueira de Ramuín)


DESFILES DE COMPARSAS E OUTRAS ACTIVIDADES DE ENTROIDO


A Peroxa 

  • Martes, 21 febreiro - 14:00 h -  II Festa do Cocido de Entroido e Desfile de Comparsas. Venda de tickets e información no 661505814


A Pobra do Brollón 

  • Venres 3, 10 e 17 febreiro - 20:15 h - Ciclo de Charlas "Desenmacarando o Entroido", na Casa da Cultura Olga Novo
  • Martes 7, 14 febreiro  - 17:30 h - Obradoiros de compadres e comadres, na Casa da Cultura Olga Novo
  • Xoves 9 e 16 febreiro - 18:30 h - Queima de compadres e comadres 
  • Sábado, 18 febreiro - 17: 00 h - Desfile de Disfraces, comparsas e carrozas, finalizando na Casa da Cultura, con entrega de premios


A Teixeira 

  • Sábado, 18 febreiro - 14:00 h - Xantar de Entroido. Reservas no Concello.  


Bóveda

  • Sábado, 18 febreiro - 14:00 h - Festa do Entroido - Menú: cocido - Venda de entradas en Bóveda (Día, Claudio, Ferretería, Carnicería Salgueiriña e Piensos Rivera) e en Rubián ( Pili, Estanco, Restaurante Paco y Farmacia). 


Carballedo 


Castro Caldelas 

  • Domingo, 19 febreiro - 16:00 h - Festa de Disfracesco co Folión O Irrio, na Praza do Prado.


Chantada

  • Sábado, 18 febrero - 17:00 h - Desfile de comparsas, con salida dese la Avenida de Lugo, continuando por Praza Santa Ana, Avda de Ourense, Praza dos Catro Camiños, rúa Doutor Mariano Cedrón, Avda de Monforte e remate en Praza de Galicia. 


Esgos

  • Domingo, 19 febreiro - 17:30 h - Concurso Desfile de Comparsas e disfraces, na Praza da Souteira


Monforte de Lemos

  • Xoves, 9 e 16 febreiro - Xoves de Compadres e Comadres
  • Martes, 21 febreiro - Desfile de Comparsas
  • Mércores, 22 febreiro - Enterro da Sardiña 


Montederramo 

  • Sábado, 18 febreiro
    • 16:00 h - Xogos populares para nenos e nenas, no claustro do Mosteiro.
    • 18:00 h - Festa da Fariña, na Praza do pobo
    • 21:30 h - Cea festa de entroido, na nave do concello. ,


Nogueira de Ramuín 

  • Sábado, 18 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 16:00 h, na Praza do Afiador


O Saviñao 

  • Mércores, 8 febreiro - 18:00 h - Obradoiro de Compadres
  • Xoves, 9 febreiro - 17:00 h - Xogos populares | 18:30 h - Queima dos Compadres
  • Mércores, 15 febreiro - 18:00 h - Obradoiro de Comadres
  • Xoves, 16 febreiro - 17:00 h - Xogos populares | 18:30 h - Queima dos Comadres
  • Domingo, 19 febreiro - 17:00 h - Gran festa infantil de Entroido, no Pavillón Municipal. 
  • Martes, 21 febreiro - 17:00 h - Concurso Desfile de Disfraces e Comparsas.


Pantón 


Portomarín 
Inspirado na Discoteca Studio 54 de Nova York dos anos 70

  • Sábado, 18 febreiro - 18:00 a 21:00 h - no Pazo e Pavillón
  • Martes, 21 febreiro - 17:30 a 19:30 h - Concurso Desfile de Disfraces, na Praza do Camiño.


Quiroga 

  • Domingo, 19 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas. 
  • Luns, 20 febreiro. Festa Infantil de Disfraces. 


Ribas de Sil 

  • Sábado, 18 febreiro - 17:00 h - Concurso Desfile de disfraces e comparsas, dende o Polideportivo Municipal de San Clodio. 


Sober 

  • Xoves, 8 febreiro. Xoves de Compadres
  • Xoves, 16 febreiro. Xoves de Comadres
  • Sábado, 18 febreiro.
    • 17:00 h - Concurso Desfile de Comparsas polas rúas de Sober
    • 19:30 h - Concurso Desfile de Disfraces 
    • 20:00 h - XV Baile da Cachucha. Degustación de cachucha e viño 


Taboada 

 

Máis información nos respectivos concellos. 

ENTROIDOS TRADICIONAIS - PROGRAMACIÓNS 2023

DESFILES DE COMPARSAS E OUTRAS ACTIVIDADES DE ENTROIDO 2023

Ver máis...