Esgrafiado en Rozavales (Monforte de Lemos
Recuperación de esgrafiado tradicional na igrexa de Santa Mª de Rozavales, localizada no trazado do Camiño de Inverno a Santiago.
As fachadas nas que se realiza a intervención exhiben un revestimento continuo decorativo de cal sobre a fábrica de cachotería, cun deseño á gota mediante a técnica que ten sido denominada de grafito inciso, por retirada selectiva de material do segundo tendido sen deixar á vista a capa de morteiro subxacente. As partes de superficie alisada reservadas a maior cota aparecen reforzadas esteticamente mediante encalado, como vén sendo habitual nesta clase de revestimentos.
No inicio da intervención obsérvanse numerosas faltas de material en forma de lacunas de grandes e medianas dimensións, desplacamentos, intervencións recentes con morteiro de cemento e colonización biolóxica moderada. Propúxose a conservación e fixación dos restos existentes, a eliminación de elementos alleos, a limpeza de biopátina e a reintegración matérica documentalmente fundamentada.
A reintegración do revestimento decorativo levouse a cabo en base a unha fotografía histórica do exterior da igrexa de Rozavales achegada polo responsable de patrimonio cultural da Diócese de Lugo. Os restos descoñecidos da composición non foron recreados, solucionándose por medio dun morteiro neutro.
Actuación enmarcada no Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra 2020-2022
Esgrafiado en Rozavales (Monforte de Lemos)
Información e contacto
Sta Mª de Rozabales
Monforte de Lemos
27413 Lugo