

Igrexa de San Fiz de Cangas

Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas. A vida monástica conservouse en San Fiz ata a reforma de finais do século XV, en que as relixiosas desta orde en Galicia víronse obrigadas a trasladarse ao mosteiro de San Paio de Antealtares en Santiago.
Trátase dunha igrexa de aspecto rústico e estraño, xa que ademais do seu orixinal deseño primario sufriu numerosas reformas posteriores.
No interior podemos atopar retablos dos séculos XVIII e XIX, unha estatua orante de Don Rodrigo, a réplica dun calvario do século XIV (que está actualmente no Museo das Clarisas de Monforte de Lemos) e unhas interesantes pinturas murais sobre o martirio de San Sebastián.
No exterior atópanse moitos motivos decorativos, todos eles cunha profunda simboloxía. Na fachada occidental baixo a espadana orixinal atopamos unha portada composta dunha arquivolta dentada apoiada en dúas batentes coa figura de leóns. O tímpano parece ser unha estela procedente dunha tumba prerrománica tallada cunha cruz grega e outros símbolos.
A igrexa de San Fiz de Cangas foi declarada monumento nacional no ano 1981.
Podes facer unha visita virtual en 360º premendo eiquí.
Igrexa de San Fiz de Cangas
Información e contacto

San Fiz de Cangas
Pantón
27437 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

