Miradoiros sobre os viñedos
Unha das mellores formas de desfrutar da paisaxe vitivinícola e admirar as vertixinosas pendentes que caracterizan aos nosos viñedos é desde a ampla rede de miradoiros de Ribeira Sacra.
Situados sobre os Canóns dos ríos Sil e Miño, son moitos os puntos desde os cales poderemos apreciar esta forma tan particular de cultivo, coñecida como viticultura heroica.
Non o perdas!
Unha das mellores épocas para desfrutar da paisaxe vitivinícola é o outono, momento no que os viñedos estalan nunha explosión de cores: vermellos, amarelos, ocres,… Todo un espectáculo!