Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Mosteiro de San Vicente do Pino

Mosterios

Sobre a chaira de Monforte de Lemos álzase un pequeno monte dende o que é posible dominar toda a súa extensión. Ese foi o lugar elixido no século X para a edificación que máis adiante daría orixe ao actual Mosteiro. Tamén se conta que esta era a ubicación do coñecido Castro Dactonio, da tribu celta dos Lemavos, recollido polos historiadores Ptolomeo e Plinio o Vello.

A construción do actual edificio do Mosteiro de San Vicente do Pino data do século XVI, se ben existen referencias as súas orixes no século X. No momento da súa construción, este adheriuse a Congregación de Valladolid. Posúe un estilo neoclásico e conta con tres alturas, destacando na súa fachada as columnas de tipo dórico. 

No interior do mosteiro atopámonos cun patio que a través de canles e a súa inclinación, deseñouse para recoller a auga da chuvia e almacenala nun alxibe subterráneo, facilitando o subministro de auga en todo o complexo. O mosteiro foi abandonado durante a desamortización e a principios do século XX volveu a ser habitado por monxes procedentes do mosteiro de Samos, abandonándoo nos anos oitenta. Máis tarde reconverteuse en Parador Nacional de Turismo.

A igrexa presenta unha fachada renacentista cun interior gótico de transición. No seu interior atopamos elaboradas bóvedas e tamén un órgano barroco, actualmente fora de servizo. O altar maior é de estilo tamén barroco.

Non o perdas!

Monforte é un excelente punto de partida para coñecer moitos dos segredos de Ribeira Sacra, polo que te recomendamos visitar o mapa interactivo da nosa web para descubrir os principais puntos de interese aos que podes acceder.

Mosteiro de San Vicente do Pino

Información e contacto

Enderezo

Plaza Luis de Góngora y Argote

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Horario
Este mosteiro é visitable de forma libre todo o ano a excepción do período de vacacións que establece a rede de Paradores para o establecemento cada ano, habitualmente entre febreiro e marzo.

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías
WiFi
Aparcamento
WC

Accesibilidade

Cadeira de rodas
Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar