Galería
Galería

Mural " A tecedeira"

Murais

O proceso de preparación dos fíos de liño era moi complexo e precisaba da colaboración de moita xente do pobo (principalmente nenos/as e mulleres).

Dada a carestía nos tempos da posguerra non podían adquirir tintes sintéticos polo que empregaban elementos naturais da contorna como noces, toxo, cortizas, líquenes... cos que obtiñan unha fermosa gama de cores. O heroico proceso de tecer podía levar moitos días e dado que o liño precisa de moita humidade, traballábase en espazos pechados coa luz dunha pequena lámpada de aceite ou velas.

Prácticamente desapareceu esta técnica, pero os deseños, formas e cores que escribiron estas mulleres na tea foron unha importante páxina da historia galega que non debemos esquecer.

Agradecemos a Anna Champeney Estudio Textil por abrirnos as portas do seu taller en Cristosende e ver de primeira man este oficio.

Obra e texto de Xoana Almar e Miguel Peralta (Cestola na Cachola). A Teixeira (Ourense). 2015. Dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra"

Mural A tecedeira

Información e contacto

Enderezo

A Teixeira

Ourense

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar