Entroido en Ribeira Sacra 2024
Aos xa habituais Entroido Ribeirao, Oso de Salcedo e Felos de Esgos, únese este ano o Fulión de Manzaneda, coa incorporación deste concello a Ribeira Sacra, e o Entroido de Budián en Pantón, que leva años recuperando e consolidando a súa figura tradicional, o Farranquí.
Ademais, por toda Ribeira Sacra haberá tamén festas e desfiles de comparsas que garantizan a festa!
Ribeira Sacra, 22 de xaneiro de 2024
O fulión de Manzaneda é o Entroido máis madrugador da Ribeira Sacra, cun mes de duración, polo que xa comezou o pasado 13 de xaneiro. O Entroido Ribeirao arrinca o sábado 18 co domingo lambedorio, e o resto concentranse entre o sábado e o martes de entroido, do 10 ao 12 de febreiro.
( Iremos actualizando a nova en función das programacións de cada un dos concellos)
OS ENTROIDOS TRADICIONAIS
Fulión de Manzaneda
- Do 13 de xaneiro ao 13 de febreiro
Entroido Ribeirao
- 28 de xaneiro - Domingo Lambedoiro: Xuntanza de Entroidos cos Boteiros de Viana do Bolo, Oso de Salcedo, Troteiros de Bande, Felos de Esgos e Farrumecos de Sobradelo. 11:30 horas en Chantada e 16:00 horas en Santiago de Arriba.
- 4 febreiro - Domingo Corredoiro - 16:00 h
- 11 febreiro - Domingo de Entroido - 16:00 h
- 13 febreiro - Martes de Entroido - 16:00 h
Lugar: Santiago de Arriba (Chantada)
Oso de Salcedo
- 10 e 11 febreiro - Sábado e Domingo de Entroido - 22:00 h - Funcións de teatro
- 11 febreiro - Domingo de Entroido - 17:00 h - Pregón e disfraces de campo de madamas e danzantes
- 12 febreiro - Luns de Entroido - 17:00 h - Saída do Oso
Lugar: Salcedo (A Pobra do Brollón)
Felos e madamas de Esgos
- 11 febreiro - Domingo de Entroido - 9:30 h, saída de Esgos e percorrido por todos os pobos do concello, con regreso ás 17:30 h novamente ao núcleo do municipio.
Lugar: concello de Esgos
Entroido de Budián
- 11 febreiro - Domingo de Entroido - 10:30 h
Lugar: Campo de Budián (Pantón)
Folión da Pobra de Trives
- 4 febreiro - 15:30 h
Lugar:
Anxeos de Parada de Sil
- 10 febreiro - Sábado de Entroido - 12:00 h
Lugar: Praza do Concello (Parada de Sil)
DESFILES DE COMPARSAS E OUTRAS ACTIVIDADES DE ENTROIDO
A Peroxa
- Domingo 11 de febreiro -14:00 h - III Festa do Cocido. Información e tickets: 630 424 653/ 988 206 614
A Pobra do Brollón
- Xoves, 1 e 8 febreiro - Xoves de Compadres e Xoves de Comadres. 18:30 horas. Praza da Peza
- Domingo, 4 febreiro - Obradoiro entroideirx. 17:00 horas
- Sábado, 10 febreiro - Desfile de disfraces, carrozas e comparsas. 17:00 horas. Cruce da estrada de Saa.
Bóveda
- Sábado 10 de febrero -14:00 h - Comida con cocido.
Carballedo
- Domingo 11 de febreiro -18:00 h - Festa de Entroido
Castro Caldelas
- Domingo 11 de febreiro -16:30 h - Concurso e festa de disfraces
Chandrexa de Queixa
- Xoves, 8 febreiro - 14:30 h - Comida de Comadres. Inscricións no 988 334 000
Chantada
- Sábado, 10 febreiro - 17:00 h - Desfile de comparsas, con saída desde a Avenida de Lugo, continuando por Praza Santa Ana, Avda de Ourense, Praza dos Catro Camiños, rúa Doutor Mariano Cedrón, Avda de Monforte e remate en Praza de Galicia.
Esgos
- Domingo, 11 febreiro - 17:30 h - Concurso Desfile de Comparsas e disfraces, na Praza da Souteira.
Monforte de Lemos
- Xoves, 1 e 8 febreiro - Xoves de Compadres e Xoves de Comadres
- Martes, 13 febreiro - Desfile de Comparsas
- Mércores, 14 febreiro - Enterro da Sardiña
Nogueira de Ramuín
- Sábado, 10 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 16:00 h, na Plaza do Afiador
- Sábado, 24 febreiro. 3ª Irmandade de Entroido - 16:00 h, en Armariz
O Saviñao
- Martes, 13 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 17:00 h
O Pereiro de Aguiar
- Sábado, 10 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 17:30 h
Pantón
- Sábado, 17 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 16:00 h - Percorrido con saída do CEIP Monte Baliño e chegada á Praza do Concello
Portomarín
- Domingo, 11 febreiro. Hinchables para nenos - 17:00 horas
- Martes, 13 febreiro. Concurso e desfile de Comparsas - 16:30 horas
Quiroga
- Domingo, 11 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 17:00 horas
- Luns, 12 febreiro. Festa Infantil de Disfraces - 17:00 horas
Ribas de Sil
- Sábado, 10 febreiro. Concurso Desfile de Comparsas - 17:00 h
Sober
- Xoves, 1 e 8 de febreiro. Xoves de Compadres e Xoves de Comadres
- Sábado, 11 febreiro.
- 17:00 h - Concurso Desfile de Comparsas polas rúas de Sober
- 18:00 h.- Música, hinchables e merenda
- 19:30 h - Concurso Desfile de Disfraces
- 20:00 h - XVI Baile da Cachucha. Degustación de cachucha e viño
Taboada
- Sábado 10 e domingo 11 de febreiro. Festa do Caldo de Ósos
Máis información nos respectivos concellos.