Actividades patrocinadas SEMANA SANTA 2019

SELECCIÓN DE SEMANA SANTA 2019

 

VIÑOBÚS (e algo máis)

 

RUTA A: OURENSE Venres 19 de abril (12 € por persoa)

 

10.00 h/11:00 h: Saída dende Ourense

(Parada de bus Parque de . Lázaro)

11:00h: Visita Ecomuseo Arxeriz

12:00 h: Visita adega con degustación en Cabo do Mundo-Ribeiras do Miño

17:00 h: Visita Centro do Viño Ribeira Sacra con degustación

18:30 h: Visita adega con degustación en Amandi

20:15h: Chegada ao Parque de S. Lázaro.

Inclúe agasallo de bono visita guiada ao Monasterio de Xunq. de Espadanedo ou de Montederramo.

 

 

 

RUTA B: OURENSE Sábado 20 de abril (12 € por persoa)

 

10.00 h: Saída dende Ourense

(Parada de bus Parque de . Lázaro)

10:45 h: Visita Mosteiro de San Pedro de Rocas

12:30 h: Visita adega con degustación Ribeiras do Sil

13:30 h: Visita adega con degustación Ribeiras do Sil

15:00 h: Tempo libre para  o xantar en Castro Caldelas (recoméndase reserva previa)

17:00 h: Visita Castelo de Castro Caldelas

18:30 h: Visita Mosteiro de Montederramo

20:30 h: Chegada ao Parque de S. Lázaro.

Inclúe agasallo de entrada ao Centro do Viño RS (Monforte de Lemos)

 

 

RUTA C: MONFORTE DE LEMOS Venres 19 e sábado 20 de abril (7 € por persoa)

 

16:30 h: Saída Monforte de Lemos (Entrada aparcamento Parque dos Condes)

17:00 h: Visita guiada Mosteiro das Bernardas

18:00 h: Visita adega con degustación en Amandi ou Ribeiras do Miño

19:30 h: Visita adega con degustación en Belesar-Chantada

21:00 h: Chegada a Monforte de Lemos

Inclúe regalo de entrada ao Centro do Viño RS (Monforte de Lemos)

 

 

 

INFORMACIÓN E RESERVAS VIÑOBÚS

Necesaria reserva previa

Tel.: 638 823 592

turismo@ribeirasacra.org (reserva válida só con correo de confirmación)

Ocupación mínima para garantir saídas: 10 persoas

Máximo por grupo: 20 persoas

O prezo inclúe: Transporte en microbús, guías especializados en enoturismo e entradas a adegas e a outros puntos de interese.

 

 

PASEOS CULTURAIS

 

A espiritualidade do Sil

(Venres 19 e sábado 20 de abril ás 16:00 h en Santa Cristina)

Entre castaños milenarios comezaremos descubrindo Santa Cristina de Ribas de Sil, icono do románico de Ribeira Sacra que resume a espiritualidade da zona. Na  Necrópole de San Vítor coñeceremos un dos poucos enclaves funerarios conservados en Galicia, ademais de embelesarnos cunha panorámica de vértigo sobre o Sil. Remataremos a ruta cun opcional paseo polas Pasarelas do Mao e un refrixerio en A Fábrica da Luz.

 

 

Interpretando o románico dende Rocas a Santo Estevo

(Venres 19 de abril ás 10:30 h en San Pedro de Rocas)

Iniciaremos o noso percorrido nun dos mosteiros máis antigos de Galicia, San Pedro de Rocas, para, dende alí, adentrarnos na historia desta terra a través do seu patrimonio románico. Por unha banda, San Cristóbal de Armariz e San Martiño de Nogueira asombraranos pola súa humildade e beleza e, por outro, atoparémonos coas maxestuosidade de Santo Estevo de Ribas de Sil que poñerá punto e final ao noso percorrido.

 

 

Un dos pobos máis bonitos de España

(Sábado 20 de abril ás 10:30 h en Praza do Prado)

En Castro Caldelas descubriremos as súas coidades e empedradas rúas, a súa arquitectura tradicional e militar, esgrafiados, igrexas como as de Santa Isabel (s.XVI) ou o Santuario da Virxe dos Remedios, e o seu castelo que agocha testemuñas de tanta relevancia como a do Foro do Burgo, ademais de magníficas vistas sobre a comarca de Caldelas. Remataremos esta fabulosa ruta na Igrexa de Santa María de O Burgo.

 

 

*Consultar outros servizos sobre o románico e visitas culturais que se ofrecen durante Semana Santa en turismo.ribeirasacra.org.

*Os mosteiros de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo contan con visitas guiadas todo o ano (consultar horarios Semana Santa  proximamente en turismo.ribeirasacra.org)

 

MÁIS INFORMACIÓN PASEOS CULTURAIS

5 € por persoa

O prezo inclúe: Guía oficial especializado en románico e acceso aos puntos de interese.

Desprazamentos por conta propia

Non se require reserva previa. Saídas/Visitas garantidas.

Tel.: 638 823 592 o en turismo@ribeirasacra.org

 

 

 

 

TURISMO XEOLÓXICO

 

 

RUTA A: Xoves 18 de abril, 16:15 h.

A orixe das ribeiras do Miño

 

Esta vez vamos a coñecer o máis significativo da formación do Canón do río Miño, así como a influencia do relieve e das rochas na forma de vida dos seus habitantes. Pincelo, Tarrío e Cabo do Mundo serán algunhas das localizacións dende as que realizaremos esta xornada interpretada na compaña dos nosos expertos xeólogos.

 

Punto de encontro: Diante IES Val do Asma (Acceso a Chantada dende N-540).

 

 

 

RUTA B: Venres 19 e domingo 21 de abril, 10:30 h.

Minería aurífera romana no proxecto Xeoparque Mundial da UNESCO "Montañas do Courel".

 

O ouro forma parte da historia da Ribeira Sacra, especialmente no val dos ríos Sil e Lor que aspira a ser parte do primeiro Xeoparque Mundial de Galicia, y por iso queremos mostrarche algúns dos xacementos arqueolóxicos nos que coñeceremos os sistemas de explotación que o imperio romano empleaba para extraer ouro dos montes. Tamén se explicarán as liñas xerais da xeoloxía neste territorio e a súa importancia a nivel mundial.

 

Punto de encontro: Entrada aparcamento Parque dos Condes (Monforte de Lemos, Lugo)

Visitas: Margaride, Miradoiro de Pómez, Miradoiro das Fontes, Montefurado.

 

 

 

 

INFORMACIÓN e RESERVAS RUTAS XEOLÓGICAS

7 € por persoa

Necesaria reserva previa

Tel.: 638 823 592

turismo@ribeirasacra.org (reserva válida só con correo de confirmación)

Ocupación mínima para garantir actividade: 10 persoas

Nº máximo de participantes: 15 persoas

O prezo inclúe: Transporte en microbús e acompañamento arqueólogo.

 

 

 

BUSKAO EN RIBEIRA SACRA

 

Estamos en pleno desenvolvemento dunha nova oferta en Ribeira Sacra...

¿Coñecedes as salas de escape? ¿Sodes usuarios habituais? ¿Curiosidade por saber a que nos referimos?

A uns e a outro convidámosvos a coñecer Búskao en Ribeira Sacra.

Unha habitación faciásenos moi pequena, polo que decidimos converter convertir toda Ribeira Sacra nun espazo para a práctica de escapismo en familia ou con amigos.

Estamos creando varias rutas nas que será imprescindible dispoñer dunha mochila que contén os elementos necesarios para resolver os numerosos enigmas e acertixos que vos deparara cada unha das paradas establecidas. O cronómetro será o voso peor inimigo. O enxeño, a creatividade e o traballo en grupo, as vosas armas.

A nosa intención é dispoñer dunha ruta de proba para esta Semana Santa. Informaremos  a través da nosa páxina Web e de Facebook sobre os avances e condicións para participar (se chegamos a tempo).

 

 

 

Y ADEMAIS...

Rutas do románico Semana Santa 2019 (Ver máis)

Ferira do Viño de Amandi (Ver máis)

Feira del Viño de Quiroga (Ver máis)

Festa da Aguardente de Portomarín (Ver máis)

Feira Medival de Monforte de Lemos (Ver máis)

Actividades turísticas en A Pobra do Brollón (Ver máis)