
Visitas guiadas A Pobra do Brollón 2022
Cinco visitas guiadas para coñecer os recunchos máis emblemáticos da Pobra do Brollón. Estarán en funcionamento desde o 3 de agosto e ata o 15 de setembro de 2022 e será necesaria reserva previa.
Ribeira Sacra, 29 de xullo de 2022
Como cada verán, o concello da Pobra do Brollón pon en marcha un conxunto de rutas e visitas guiados para coñecer os recunchos máis representativos do municipio. Nesta ocasión, serán 5 as visitas e ofreceranse baixo demanda, polo que será necesaria a reserva con antelación.
As visitas realizaranse de mércores a domingo, do 3 de agosto ao 15 de setembro, ás 11:00 horas.
#DÉIXATEGUIAR 2022
- PENAS DO CASTELO
Un intrigante xacemento colgado sobre o río Lor na paisaxe protexida do Courel. A través dos seus impresionantes vistas coñeceremos a paisaxe, historia e tradicións da parroquia de Salcedo, famosa polo Entroido do Oso, pero que esconde moitas máis sorpresas.
Duración: 1 hora 30 minutos
Desprazamentos en vehículos particulares
- A COVA DAS CHOIAS
Unha cova na que habita musgo luminiscente, colonias de morcegos e seres mitológicos.
Duración: 1 hora 30 minutos
Aforo limitado a 10 persoas e só 2 días á semana para protexer a flora e fauna da cova
Desprazamentos en vehículos particulares
- OS CONVENTOS
Coñece un lugar fascinante entre os viñedos da Ribeira Sacra, onde poderás coñecer a orixe desta paisaxe. En Os Conventos, ribeira do Val do Frade, realizáronse dúas campañas de escavación e as primeiras datacións científicas das terrazas da Ribeira Sacra. Estes resultados permiten coñecer a orixe e evolución desta paisaxe vitícola.
Duración: 1 hora 30 minutos
Desprazamentos en vehículos particulares
Visita combinable coa de Adegas de Vilachá e cata.
- ADEGAS DE VILACHÁ
Un conxunto único de adegas tradicionais de orixe medieval. Ademais de coñecer o espazo, poderás entrar nalgunha adega, coñecer aos veciños e catar algún dos viños das ribeiras de Vilachá, incluídas na D.Ou. Ribeira Sacra.
Duración: 1 hora
Custo: 3€ (inclúe cata)
- CASTRO DE SAN LOURENZO
Un castro que conta cunha antiga igrexa e un cemiterio medieval. Coñece a historia do lugar e da parroquia de Cereixa a través dun proxecto de arqueoloxía en comunidade no que os veciños do pasado e do presente son os verdadeiros protagonistas.
Duración: 1 hora
INFORMACIÓN DAS VISITAS COMPLETA: http://www.concellodapobradobrollon.gal/
RESERVAS:
- Adegas de Vilachá: 616 243 250
- Resto visitas: 650 624 828 (preferiblemente whatsapp)