Rutas de sendeirismo aptas para bicicletas
Ademais das rutas específicas para BTT ou o Catálogo do IET "A Paisaxe de Galicia dende a bicicleta", contamos con varias rutas de sendeirismo aptas ou aptas parcialmente para a práctica do cicloturismo.
Poderás seguir as rutas do mapa facilmente, sen necesidade de GPS (sinalización oficial para rutas de sendeirismo: símboloxía branca e amarela), pero ten en conta que estás a transitar por rutas propiamente de sendeirismo, onde os camiñantes terán preferencia. Circula con precaución, eles teñen preferencia. E, lembra, algunhas destas rutas son soamente aptas parcialmente, o que quere dicir que é probable que en determinados puntos teñas que portear a bicicleta.