Turismo ornitolóxico no Canón do Sil
AVES ENTRE ROCHAS, BOSQUES E VIÑEDOS
Os cantís e as penedías, alzándose impoñentes desde o Sil, os bosques misteriosos, os esgrevios viñedos, cultivados en socalcos desde tempos inmemoriais, conforman en conxunto un dos espazos paisaxisticamente máis singulares de Galicia e acollen, ademais, un bo número de atractivas especies.
A zona acolle un interesante catálogo de aves, especialmente durante a tempada reprodutora, entre abril e xullo. Durante boa parte do seu percorrido por Galicia, o Sil ábrese paso encaixado nun profundo val. Bosques de diferente tipoloxía segundo a orientación, fragueiros, monte baixo e incluso viñedos proporcionan hábitats favorables para as aves.
Que aves podemos ver?
Destaca a presenza de rupícolas como o falcón peregrino, o bufo real ou os máis escasos merlo azul e aguia real. Outras aves rapaces que atopamos na área son o miñato abelleiro, o azor, a aguia cobreira ou a aguia calzada. on tamén habituais varias especies de andoriñas, como a dos penedos e a dáurica, e multitude de pequenas aves forestais de entre as que salientamos o picafollas ibérico e o gabeador azul. Nas áreas de cultivo e matogueira, á beira do canón, é doado atopar cotovías pequenas e picanzos reais.
Como e onde as podemos ver?
Baixo o paraugas da marca Galicia Birding, a Axencia de Turismo de Galicia proponnos as mellores rutas para o avistamento destas aves. Ata cinco itinerarios para realizar a pé ou en coche por o Canón do Sil, onde poder deleitarse con fermosas especies sobrevoando os nosos canóns.
Podes obter máis información aquí