
17.3 Cristosende
A aldea de Cristosende sitúase na cima do Monte Lede e nela destaca a Casa Grande, do século XVII, con fermoso patio interior e que actualmente está destinada a restauración e aloxamento. Tamén a Igrexa de Santa María de Cristosende e numerosas casas restauradas con moito xeito.
Pero o que fai deste un lugar especial, sen lugar a dúbidas, é a súa situación, rodeada de viñedos e cunha orientación privilexiada para gozar dunhas espectaculares vistas sobre o Canón do Sil, completamente inesquecibles se vivimos aquí un solpor.
Moi cerca de aquí, en dirección a Parada de Sil, atopamos a Fábrica da Luz, unha antiga central de produción de enerxía que se rehabilitou para converterse nun albergue, e desde onde parte unha das sendas máis coñecidas de Ribeira Sacra, a ruta das Pasarelas do Mao.
Nestas pasarelas localízase o inicio da ruta de sendeirismo PR-G 177 Ruta do Canón do río Mao, que nun percorrido de 16 quilómetros nos permite coñecer unha gran parte do canón do río Mao, así como a necrópole de San Vítor de Barxacova ou a aldea de San Lourenzo de Barxacova.