Somos de Outono 2023

Coñeces a infinidade de oportunidades que nos ofrece o outono en Ribeira Sacra? Recollida de cogomelos, paseos en bicicleta, mindfulness, minería aurífera ou formación en supervivencia e orientación. Valo perder? ;)

Más información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org

OUTUBRO

DOMINGO 22

 Cestas e ao bosque! (A Pobra do Brollón). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais da recollida, haberá xantar degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.


SÁBADO 28

 De miradoiro en miradoiro en BTT (Sober). Colle a bici que imos desfrutar dunhas espectaculares vistas ao Canón do Sil! Nunha ruta fácil, sostible e tecnicamente apta para todos os públicos, descubriremos os miradoiros certificados coa Q de Calidade Turística.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas /  Inclúe monitor especializado  / Ruta de 28 km - Dificultade baixa /  Posibilidade de aluguer de bicicleta (entre 30 e 66€  - consultar condicións na reserva)
 

 Comer a Ribeira Sacra con todos os sentidos (Taboada). Experiencia que combina as sensacións da natureza coa gastronomía de Ribeira Sacra. Unha comida moi especial con todos os sentidos. Hai unha primeira dinámica nos xardíns, para acabar comendo cos ollos tapados e de forma moi lenta. Un xeito de explicar a importancia de comer amodo para saborear, non só a comida, senón tamén o lugar, a compañía e as sensacións que se derivan de todo iso (con Edgar Tarrés).

Prezo: 15 € / Horario: de 12:30 a 15:30 horas / Inclúe monitor especializado e xantar.

 

DOMINGO 29

 Cestas e ao bosque! (Chandrexa de Queixa e Montederramo). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais da recollida, haberá xantar degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar vegano; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.


- - - - - - - - - - - - - 


NOVEMBRO 

DE VENRES 3 A DOMINGO 5

 Curso de orientación (Manzaneda e A Pobra de Trives). Curso de orientación en montaña con David Caballero, de 3 días de duración, do máis básico ao máis avanzado. Para aqueles que pensan que é imposible aprender orientación.

Prezo: 30 € / Horario: venres de 18:30 a 21:00 horas; sábado de 9:00 a 20:00 horas; domingo de 09:00 a 14:30 horas / Inclúe xantar do sábado.


SÁBADO 11

 Cestas e ao bosque! (A Pobra de Trives). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelos, distinguilos e colleitar os máis saborosos. E, ademais da recollida, haberá xantar degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe refrixerio a media mañá e xantar; obradoiro de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.


DOMINGO 12

 Na procura do ouro (San Xoán de Río e Ribas de Sil). Acompañados dun arqueólogo, coñeceremos a labor dos romanos na extracción de ouro e descubriremos de primeira man un dos xacementos mineiros máis importantes de Galicia. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 15:00 horas /  Inclúe traslados en microbús, monitor especializado e picnic / Ruta de 4 km - Dificultade baixa


SÁBADO 18

 Curso de explorador (Paradela). Convírtete en todo un explorador/a! Durante esta ruta aprenderemos algunhas nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia. Ensinarannos, ademais,  a recoñecer pegadas e rastros de animais, a facer lume (con ferroceiro) ou a construír un refuxio de fortuna, entre outras técnicas.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas /  Inclúe monitor especializado e picnic / Ruta de 12 km - Dificultade media


DOMINGO 19

Obradoiro de cosmética e ungüentos naturais (San Xoán de Río). Saberemos como crear ungüentos mediante a extracción das propiedades medicinais das plantas; elaboraremos ha pomada muscular, outra rexeneradora e un bálsamo labial (con Piel Natura).

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas /  Inclúe monitor especializado, materiais necesarios, dossier explicativo e obsequio eco responsable.

 


INFORMACIÓN IMPORTANTE

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 15. A realización das mesmas está garantida a partir dun mínimo de 6 prazas.

Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.

NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2023 e ao  Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

 

MÁIS INFORMACIÓN: turismo.ribeirasacra.org | turismo@ribeirasacra.org | +34 638 823 592 

 

---------

MAGOSTOS POPULARESMagostos Ribeira Sacra 2023

RESERVAR