Somos de Outono 2024

Coñeces a infinidade de oportunidades que nos ofrece o outono en Ribeira Sacra? Recollida de cogomelos, paseos en bicicleta, mindfulness, minería aurífera ou formación en supervivencia e orientación. Valo perder? ;)

Más información no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org

OUTUBRO

SÁBADO 26 

 Ruta 900 aniversario Rovoyra Sacrata (Montederramo). Seguimos conmemorando unha data moi especial para este territorio camiñando por onde comezou todo... Recibirémosvos cun café e, tras visitar o Mosteiro de Montederramo, percorreremos cun guía experto o roteiro homologado "Aldeas de Montederramo" (12 km).

Precio: Actividade conmemorativa gratuíta / Horario: de 10:30 a 16:00 horas / Inclúe café, entrada mosteiro e guía de sendeirismo. Cada persoa levará o seu comida / Punto de encontro: Praza de Montederramo

 

DOMINGO 27

 Cestas e ao bosque!   PRAZAS ESGOTADAS   (O Saviñao ou A Peroxa). Macrolepiotas, lactarius, boletus... imos ao monte en busca de cogomelos, para coñecelas, distinguilas e colleitar as máis saborosas. E, ademais de recollida, haberá menú degustación. Bo proveito!

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 19:00 horas / Inclúe ágape a media mañá e xantar; taller de micoloxía (unhas 4 horas); saída ao campo para actividade micolóxica (unhas 3 horas); navalla; miniguía de peto (cogomelos) e sorteo de obsequios.

Punto de encontro O Saviñao: Ecomuseo de Arxeriz

Punto de encontro A Peroxa: Bar O Agro

 

 

NOVEMBRO

SÁBADO 2

Castañeando… (Manzaneda). O outono en Galicia non sería tal sen a castaña e a súa festa, o magosto. Pero para telas hai que recollelas… Mergullarémonos nun paseo didáctico sobre este produto e degustaremos apetitosos petiscos con produtos da zona, ademais das castañas asadas que non poden faltar (con Amarelante).

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas / Inclúe tentempié a media mañá / Punto de encontro: Amarelante - Manzaneda

 

DE VENRES 8 A DOMINGO 10
 

Curso de orientación (Chantada). Curso de orientación en montaña con David Caballero, de 3 días de duración, comezando en grao sumo básico todo o máis avanzado. Para aqueles que pensan que é imposible aprender orientación.

Prezo: 30 € / Horario: venres de 19:30 a 21:00 horas; sábado de 9:00 a 19:00 horas; domingo de 08:00 a 13:00 horas / Inclúe manual de orientación, coffee break venres e sábado e xantar do sábado / Punto de encontro: Hotel Vilaseco

 

 

SÁBADO 9

Taller de cosmética e ungüentos naturais (San Xoán de Río). Crearemos unha vela artesanal con cera de soia 100% natural e aceites esenciais que capturan a esencia do outono, ademais de gozar dun xantar moi saudable (con Pel Natura).

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas /  Inclúe monitor taller, materiais necesarios, dossier explicativo e xantar saudable / Punto de encontro: Concello San Xoán de Río

 

Minería aurífera no Xeoparque Montañas do Courel  PRAZAS ESGOTADAS (Quiroga e Ribas de Sil).   Acompañados dun arqueólogo, coñeceremos a labor dos romanos na extracción de ouro e descubriremos de primeira man un dos xacementos de ouro máis importantes de Galicia. 

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 16:00 horas / Inclúe traslados en microbús, monitor especializado e picnic / Ruta de 5 km - Dificultade baixa / Punto de encontro: Praza do Concello de Ribas de Sil (San Clodio).

 

DOMINGO 10

 Curso de explorador PRAZAS ESGOTADAS (Parada de Sil)  Convérteche en todo un explorador/a! Durante este roteiro aprenderemos algunhas nocións sobre como actuar no monte en caso de emerxencia. Ensinarannos a recoñecer pegadas e rastros de animais, a facer lume (con ferroceiro) ou a construír un refuxio de fortuna, entre outras técnicas.

Prezo: 15 € / Horario: de 10:00 a 17:00 horas / Inclúe monitor especializado e picnic / Roteiro de 12 km - Dificultade media / Punto de encontro: Praza do Barquilleiro

 

De miradoiro en miradoiro en BTT (Sober). Colle a bici que nos imos a gozar dunhas espectaculares vistas ao Cañón do Sil. Nun roteiro fácil, sostible e tecnicamente apta para todos os públicos descubriremos os miradoiros certificados coa Q de Calidade Turística.

Prezo: 6 € / Horario: de 10:00 a 14:00 horas /  Inclúe monitor especializado  / Roteiro de 28 km - Dificultade baixa / Posibilidade de alugueiro de bicicleta (entre 30 e 66€  - consultar condicións na reserva) / Punto de encontro: Praza do Concello

 


INFORMACIÓN IMPORTANTE

O número de prazas dispoñibles por actividade é de 15. A realización das mesmas está garantida a partir dun mínimo de 6 prazas.

Todas as actividades inclúen guías ou monitores especializados.

NON SE ADMITEN CAMBIOS NIN DEVOLUCIÓNS unha vez realizada a reserva e pago da mesma, salvo que a actividade sexa cancelada por parte do Consorcio de Turismo.

O programa está suxeito a modificacións ou cancelacións, especialmente se a actividade se ve afectada polas condicións meteorolóxicas. Recoméndase consultar información actualizada na Web ou chamar ao teléfono de contacto.

Actividades de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2024.

 

MÁIS INFORMACIÓN: turismo.ribeirasacra.org | turismo@ribeirasacra.org | +34 638 823 592 

 

OUTRAS ACTIVIDADES EN OUTONO: Samaín e Magostos

RESERVAR