Audioguía


Galería
Miradoiro dos Balcóns de Madrid/Os Torgás

Un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia e sen dúbida o máis mediático de Ribeira Sacra.
Non é que se distinga desde aquí a capital de España, senón que era o lugar escollido polas mulleres para ver marchar aos seus maridos emigrantes.
Moitos eran barquilleiros e ían coa súa canción ás verbenas de Madrid e outros puntos de España. Así se explica tamén por que en Parada de Sil hai un monumento dedicado ao Barquilleiro.
Non o perdas!
Recomendamos asomarse á tardiña para contemplar como as augas do río parecen deterse, á vez que se volven dun azul escuro.
Vistas dende o mirador
Información e contacto

Parada de Sil
32740 Ourense

+34689863713