

Miradoiro dos Balcóns de Madrid/Os Torgás

AVISO: acceso en vehículo de motor RESTRINXIDO ata o 30/09/2025, debido a obras de acondicionamento na calzada. Permítese o acceso a pé desde o núcleo de Parada de Sil (aprox. 900m).
Un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia e sen dúbida o máis mediático de Ribeira Sacra.
Non é que se distinga desde aquí a capital de España, senón que era o lugar escollido polas mulleres para ver marchar aos seus maridos emigrantes.
Moitos eran barquilleiros e ían coa súa canción ás verbenas de Madrid e outros puntos de España. Así se explica tamén por que en Parada de Sil hai un monumento dedicado ao Barquilleiro.
Non o perdas!
Recomendamos asomarse á tardiña para contemplar como as augas do río parecen deterse, á vez que se volven dun azul escuro.
Vistas dende o mirador
Información e contacto

Parada de Sil
32740 Ourense
