Camiño de Inverno - Etapa A Rúa - Quiroga

A terceira etapa do Camiño de Inverno é a que ten inicio na Rúa e chega ata Quiroga. Esta é unha etapa de baixa dificultade e de 28 quilómetros de lonxitude. Os primeiros quilómetros percórrense por camiños asfaltados, sen tráfico e gozando das fermosas vistas do río Sil.

Esta etapa do camiño foi unha vía romana secundaria, que partía da Vía Nova chegando a Montefurado. O Túnel de Montefurado, unha gran obra da enxeñería romana, foi construído sobre o século II, é a gran pegada que deixaron os romanos nesta zona explotando a conca do río para conseguir ouro realizado coa técnica de a ruína montium.

Ao final da etapa chegaremos a Quiroga, un municipio que forma parte do Geoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel. Alí poderemos visitar o Museo Etnográfico de Quiroga ou a nivel gastronómico unha visita ao Muíño de aceite de Bendilló xa que Quiroga é unha das poucas zonas de Galicia onde se mantivo o cultivo de oliveiras e a elaboración tradicional do aceite.

Donde dormir

Donde comer