Capela do Ecce Homo
Ten a súa orixe no século XVII. O edificio foi realizado en mampostería de lousa. A planta ten forma de T. Está composta dunha nave rectangular con cuberta de madeira a dúas augas con capela lateral que se comunica coa nave mediante un arco de medio punto. A capela maior ten o teito de madeira a catro vertentes. Ingrésase por un arco triunfal de medio punto. A sancristía está á cabeceira.
Conserva as imaxes do Ecce Homo, Santiago peregrino, Ecce Homo das procesións e Inmaculada, obras de finais do século XVIII.
A fachada principal está realizada en granito. A porta de acceso presenta un arco de medio punto. Sobre ela, unha fornela que alberga unha escultura pétrea do Ecce Homo. Coroa a fachada unha pequena torre-campanario de catro vans.
No lateral norte ten unha porta. No lintel pódese ler a inscrición fundacional: “ESTA CAPELA HÍZOSE DE ESMOLA SENDO VICARIO DON DIEGO GUITIÁN ANO DE 1782”.
Non o perdas!
No mes de setembro celébrase a festa Divino Ecce- Homo coa súa tradicional procesión.
Capela do Ecce Homo
Información e contacto
Campo da Feira, 29 - Rubián
Bóveda
27350 Lugo