
Carballo de Ramos

O Carballo de Ramos é un enorme e lonxevo exemplar que debe o seu nome á familia propietaria da leira onde se asenta, Lopez Ramos.
A forma da súa copa, con ramificacións moi próximas ás dúas pólas principais e os escasos e retortos crecementos dos seus ramais, indican que é unha árbore de avanzada idade, representante e única testemuña das carballeiras que colonizaban antigamente estes terreos. A medida que o municipio de Taboada foi crecendo e expandíndose, os carballos foron aos poucos cortados, e seguramente esta árbore foi respectada polos milagres da xenética que lle dotou dunha forma peculiar e diferente, con dúas guías ou ramas principais que se desenvolven paralelamente. Probablemente, esta rareza salvoulle da corta durante os máis de 500 anos de vida que ten, ben sexa por curiosidade ou que foi considerado unha árbore excepcional pola súa forma ou quizais menos aproveitable a nivel madeireiro.
Ademais, todo parece indicar que esta árbore deu nome á parroquia de San Tomé de Carballo, á que pertence a capital do municipio, e a cal á súa vez deu nome ao concello tamén, xa que o municipio respondeu o nome de Carballo durante un pequeno período de tempo no século XIX, mudando posteriormente a San Tomé. É no ano 1950 cando o municipio pasa a chamarse como o coñecemos actualmente, Taboada.
Datos da árbore (2020):
- Altura (m): 19.4
- Perímetro normal (m): 6.6
- Diámetro de copa (m): 17.6
- Idade estimada: 500 anos
- Propiedade privada, aínda que ubicado nunha finca de acceso aberto.
Fotografía de Roi Fernández