Galería
Galería

Casa Museo Genia Trigo

Museos e exposicións

A Casa-Museo está dedicada á memoria de Genia Trigo, nai do recoñecido pintor e escultor Modesto Trigo Trigo. Nela ofrecemos unha experiencia única coas nosas tertulias grupais, onde os visitantes poderán ver a Modesto Trigo Trigo pintar en vivo e conversar con él.

Ademais das tertulias, a Casa-Museo Gènia Trigo está aberta ao público para visitas libres, permitindo aos visitantes explorar as nosas exposicións e coleccións ao seu propio ritmo.

Tamén dispoñemos de aloxamento dentro da Casa-Museo, para aqueles que desexen desfrutar dunha estancia completa nun entorno artístico único.

Trátase dun espazo para potenciar os procesos evolutivos da alma e da mente por medios artísticos, científicos e creativos. Desde a humildade desta zona, sen perder a nosa identidade, intentaremos chegar a todo o mundo nun concepto de aldea global.

Consta dun pequeno museo etnográfico, onde unha das tarefas fundamentais que desenvolvemos é a recuperación de patrimonio material e inmaterial do campo galego. A exposición etnográfica está composta por pezas que se atopaban orixinalmente na casa, as cuales son demostrativas das pegadas da historia dos nosos antepasados. Ademais incorporamos novas pezas aportadas por colaboradores da zona.

Seguirá crecendo para amosar aqueles oficios casi perdidos, así como para recoller os testemuños do noso pasado, facendo a través da obra do artista, que toda a zona teña algunha obra representativa del, para que todo o val de Lemos teña un eco de dito museo.

Espazos para clases, talleres, eventos e difusión publicitaria, desenvolvemento de actividades de todo tipo, talleres presenciais con personas relevantes de todos os ámbitos, sobre todo relacionados coa cultura, saúde e ciencia.

Casa Museo Genia Trigo

Información e contacto

Enderezo

Igrexa de Gundivós, 10

Sober

27469 Lugo

Teléfono contacto
675055265/982907440
Horario
De martes a domingo: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Luns: Pechado
Prezo
Consultar

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

Mobilidade reducida
Cómo chegar Cómo chegar