Castiñeiro de Pumbariños
O Castiñeiro de Pumbariños posúe un fuste excepcional, con máis de 12 metros de perímetro á altura do peito, o que o converte nun dos exemplares de maior diámetro de Galicia.
O “Souto de Rozavales”, como é coñecido o lugar onde habita este castiñeiro, é un recuncho moi especial. Neste sitio atópanse un gran número de exemplares de castiñeiros de considerables dimensións, que forman parte da vida e a historia de Galicia. Do castiñeiro sacábase alimento, construíanse aveños e instrumentos e cimentábanse as casas desde tempos remotos. De feito, o souto e o castiñeiro son coñecidos co apelativo de Castiñeiro e Bosque de Pumbariños, palabra que significa construción ou habitáculo dunha casa.
O Castiñeiro de Pumbariños, polo seu tamaño e idade, eclipsa ás súas máis que venerables e senlleiras compañeiras de territorio. O seu tronco con máis de doce metros de corda convértelle no castiñeiro de maior tamaño de Galicia e, cunha idade que algúns estiman ao redor dos 1000 anos, é unha das árbores máis anciás do territorio español.
Este singular exemplar é un “castiñeiro sen terra”, pois pertenceu durante xeracións a un só propietario que, curiosamente, é distinto ao que ten a propiedade do terreo. O Souto de Pumbariños ou de Rozavales foi declarado Monumento Natural en 2000 pola Xunta de Galicia e o Castiñeiro foi doado polo seu dono en 2005 á Xunta de Galicia para a súa conservación.
Datos árbore (2021):
- Altura (m): 16,80
- Perímetro normal (m): 13,18
- Diámetro de copa (m): 18,8
- Idade estimada: máis de 500 años
Cómo chegar
Que mellorarías?