

Conxunto arquitectónico de Lumeares

Cerca da desembocadura do río Lumeares atopamos a parroquia do mesmo nome, que ten un conxunto de gran interese etnográfico formado polos hórreos de Cobas, o peto de ánimas do Anxo da Garda e o cruceiro da Cruz. Moi preto atópase tamén a ponte de Lumeares.
O cruceiro da Cruz, de 1766, sitúase sobre unha plataforma de tres chanzos. Na base da columna vense imaxes alegóricas á paixón de Cristo como o martelo, as tenaces ou a escada; o capitel ten formas vexetais, xeomórficas e antropomórficas e sobre elas un Cristo crucificado mirando ao sur e a Virxe María orando cara o norte. Debido a unha serie de liñas xeométricas no chan arredor do cruceiro, créese que puido utilizarse como reloxo solar.
O peto de ánimas atópase nas inmediacións da Igrexa de San Salvador de Lumeares, e sobre un gran bloque de pedra vese a figura dun anxo gardián protexendo coa súa man dereita a un neno espido mentres suxeita unha palma coa esquerda.
Conxunto Arquitectónico de Lumeares
Información e contacto

Lumeares
A Teixeira
Ourense
Equipamento e servizos


Accesibilidade

